Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Nebra (Santa María)
Lugar: Cans
Outra denominación do ben: Ponte dos Mártires de Cans
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta ponte que non destaca pola súa arquitectura, nin pola súa antigüidade, si debemos recordalo polo terrible acontecemento que tivo lugar enriba del en outubro de 1916, no que morreron varios veciños da zona, por opoñerse a pagar un imposto.
Coñécense como os mártires de Cans, ou “mortos de Nebra”, aos cinco labregos abatidos a tiros por axentes de Garda Civil na ponte de Cans, na parroquia de Nebra, Porto do Son, o 12 de outubro de 1916. Mobilizáranse, movidos pola Liga Agraria de Nebra, contra un imposto que crían inxusto.
Anos despois ergueuse un monolito en lembranza do acontecido, máis o mesmo desapareceu co tempo. No álbum Nós, publicado no 1931, Castelao escribiu ao pé dunha das ilustracións:
¡Un padrenuestriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán!
Anos despois, o poeta chairego Manuel María volveu unir nun verso eses tres símbolos da loita contra as inxustizas sociais. No libro Nebra, historia dunha infamia (1988), escrito por Xerardo Díaz Fernández, veciño sonense, reprodúcense recortes dos xornais da época, e como en diversos escritos se fixo por ocultar a realidade.
Non seria ata o 1999 cando unha familia de Nebra, a raíz dunha crónica nun xornal, comezou a investigar o acontecido e un ano despois, deron en organizar unha homenaxe para lembrar a aqueles veciños. No ano 2001, coincidindo co 85º cabodano daqueles feitos, colocouse entre a ponte e o cruceiro de Cans un novo monolito en recordo, que foi sufragado mediante doazóns de veciños e familiares daquelas vítimas, no que podemos ler: “Na lembranza dos mortos de Nebra 1916-2001”.
O lugar foi acondicionado no 2008 polo concello de Porto do Son, que colocou unha placa onde se narra o acontecido, coa seguinte lenda:
Na honra os mártires de cans.
Na mañá do xoves 12 de outubro de 1916, os veciños do resto das aldeas da parroquia de Nebra concentráronse nesta Ponte, nun número aproximado duns trescentos, co gallo de loitar contra imposición dun novo tributo municipal, según entendían, as autoridades municipais por que se malversaban a así, saldaban a débeda contraída coa Deputación.
O recadador asinado para tal cometido, chegaba para proceder o embargo polo impago dos veciños e atopándose acompañado duns cincuenta gardas civís.
Uns intercambios de palabras, principalmente coas mulleres que ían por diante da manifestación, pasouse o ruído dos mausser e igualmente aos primeiros laios.
Unha segunda descarga, tinxe a ponte de vermello con cinco veciños mortos en riba da ponte.
Serva este monolito a memoria de todos.
In memoriam: Francisca Carou, Ramona Suárez, Antonio Sobrado, Generosa Vidal e Rosa Cadórniga.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:



http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/10/09/1267771.shtml
http://nebra.es.tl/M%E1rtires-de-Nebra.htm
http://gl.wikipedia.org/wiki/M%C3%A1rtires_de_Cans


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.73872902547703
Lonxitude: -8.96348923444748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84