Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Lousame
Parroquia: Tallara (San Pedro)
Lugar: San Roquiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A capela ten planta rectangular con tellado a dúas augas e cuberta con tella do país. Sancristía acaroada ao lado dereito e escasos vans para a entrada de luz. Na fachada amosa unha porta con arcos de boas doelas debaixo dun pórtico con tellado a tres augas, sostido por catro columnas de fuste octogonal e rematadas nun capitel con abaco para soster as vigas de madeira da teitume. Estas están apoiadas nun pequeno muro que lle fan de base. Rematan as esquinas dos muros da capela con pináculos, e no cume da cabeceira cunha cruz. Na fachada hai unha espadana con oco para unha campá, de dous corpos e rematada en forma de pequeno frontón con unha cruz enriba. Celébrase a romaría o último domingo de setembro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA008.pdf
(4 de 10)
http://www.concellodelousame.com/turismo/festas/tallara/tallara.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7515730452Lonxitude: -8.87084841728
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84