Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Necrópole,
Concello: A Illa de Arousa
Parroquia: San Xulián
Lugar: A Illa de Arousa
Outra denominación do ben: Os Bufos
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Necrópole de orixe imprecisa, podería pertencer a época paleocristiá, situada na zona coñecida como campo dos Bufos. A área está cuberta de mato e en menor medida por arborado (piñeiros). A ampliación do camiño de Punta Cabalo danou o depósito e o estado semella non ser bo. Segundo algunhas informacións achouse cerámica con alfabeto fenicio ao igual que moedas da época imperial, que indica o seu uso en épocas moi posteriores, e que constataría a existencia dun antigo poboado cunha forte vinculación ao mar


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O xacemento-necrópole resultou danado nunha pequena parte pola apertura dun camiño de acceso ao Faro que se atopa nas inmediacións (algo que recolle xa a ficha do PXOM).
A día de hoxe estase construindo unha senda peatonal na parte noroeste da necrópole que, si ben non lle afecta directamente, si afecta a outros sectores non incluidos estrictamente no ben a preservar e que serían restos moi deteriorados de algún tipo de asentamento e que se localizan dispersos nas inmediacións do lugar e da obra mencionada; así, pódense atopar fragmentos de cerámica (dise que teñen aparecidos fragmentos con inscripcións en caracteres fenicios), muros derruidos.


Onde está localizado

Latitude: 42.57222099093824
Lonxitude: -8.87944221496582
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84