Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Caldas (comarca) / Moraña
Parroquia: Amil
Lugar: A Picota
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A Cabeza de San Pedro é un pequeno menhir ou marco (aproximadamente, 1 metro de altura) ubicado a 300 metros de altura, na ladeira dun monte da parroquia de Amil. Este menhir facía a divisoria entre dúas parroquias morañesas, Rebón e Amil (fonte: web do concello de Moraña). A súa particularidade é que nunha alteración natural da rocha atopamos unha cabeza humana representada de xeito tosco, na que se perciben ollos, nariz e boca, e que recibe o nome de “cabeza de San Pedro”. Baixo dela apréciase un cruciforme. A información turística e o panel explicativo colocado no lugar indican que as últimas investigacións dátana na Idade do Ferro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36032037
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Consultar:
http://www.adr-ullaumia.es/descargas/arquivos/RUTAS%20TURISTICAS/PANEIS%20INTERPRETATIVOS%20RUTA%20HISTORICA/Cabeza_de_San_Pedro.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non se atopa en bo estado de conservación. O camiño está desaparecido no seu tramo final e pode inducir a confusión nos visitantes. Por outra banda, o menhir atópase nun cortalumes. A maquinaria ou outros medios fixeron unha profunda gabia ao carón do menhir.


Onde está localizado

Latitude: 42.524763856338474
Lonxitude: -8.593497276306152
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84