Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: San Pedro de Nantón
Lugar: Nantón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Posúe unha planta de salón, cunha nave rectangular cuberta por unha boveda de canón, construída en cantería, sostida por seis arcadas de medio punto volteadas sobre grosas ménsulas apegadas ós muros. A ábsida, de planta cadrada, está cuberta por unha bóveda de crucería nervada. A sancristía presenta unha planta cadrada. A comunicación entre a capela maior e a nave establécese a través dun arco triunfal de medio punto, volteado sobre pilastras. A ornamentación é moi escasa, pudendo tan só destacarse o sinxelo retablo do século XIX.
En canto ó exterior, a fachada, na que resalta a simetría, presenta sobre un eixo vertical central a porta de entrada, un pequeno van de luz rectangular, unha pequena fornela que contén a escultura de San Pedro e, rompendo a cornixa, unha torre campanario, de grandes dimensións, que mostra o eclecticismo típico do século XIX. Dita torre, de planta cadrada, divídese en tres corpos; o primeiro deles, asentado sobre unha peaña rematada en cornixa, dá paso a un segundo formado por catro machóns que acollen ás campás. Por último, o conxunto péchase cunha cúpula que se asenta sobre un tambor de sección octogonal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Vol.V, Deputación Provincial da Coruña, 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.16399575579023
Lonxitude: -8.864357471466064
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84