Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Armariz (San Salvador)
Lugar: A Pousa
Outra denominación do ben: Torre de Peñafiel
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Da torre, que no seu día estivo na Pousa, só quedan como testigos parte do muro do lado do nacente e unhas cantas pedras espalladas pola zona da base do que foi esta torre.
Pódense ver pedras reutilizadas en casas do pobo, como as da casa lindeira polo sur (foto-2), na que vemos
unha ventá aproveitada, no patio desta casa tamén vemos algunha pía e ven puido saír da torre.
Eligio Rivas, fálanos desta torre dicindo:
Terra de penafiel.
A Velascus Menendi señor de Ambía vémolo no ano 1174 coma Velasco Menéndiz Tenente Penam Fidelem, á dereita da Arnoia.
Do mosteiro de Sº Estevo de Ribas de Sil, no séc. XII e na primeira mitade do XIII, ten a foro o señor de Ambía, à dereita e esquerda da Arnoia por frente a Xunqueira, propiedades. Terras do mosteiro axexadas de perto polo seu castelo ou torre en Sancto Iuliano de Pena Fidele.
O titular é sen dúbida o lugariño de San Xillau entre grandes penedos, mais coido non ser xusto aquí onde estaría tal forte; máis ben onde sabemos estivo a Torre da Pousa –lugar que aínda non existía-, de onde é o pequeno escudo hoxe en Xunqueira na Casa de Miraval, que se di ser xa do séc.XIII, un dos máis antigos de España.
En Pena Fidele, logo chamada Pousa, tiña o señor de Ambía, a súa Torre, erguida no que sería pequeno castro sobre o val de Río de Merán. Penna chega a valer por ‘castelo’ e fidelis por ‘forte, que responde’; Pousa é alto no camiño’ aquí na Brea é camiño de Santiago, coma a Pousa, baixando do castelo de Monterrei camiño de Laza.
Está á beira de Armariz, con terras do mosteiro de Sº Eº de Ribas de Sil à vista.
Do castelo ou Torre de Penafiel quedan perpiaños con sinos lapidarios medievais, resíos de muros, a base do torreón, pozo e casas edificadas cos materiais, e pouco máis.
Nunha fiestra pode verse unha especie de alfiz de todo igual ò que se sobrepón òs escudos à entrada do castelo de Maceda.
Din os heraldistas (así Gándara, Crespo…) que o
soar de Ambía está na torre da Pousa de Armariz.
Era o máis coñecido daquela, e de certo relacionado co orixinario que estaba en Ambía, pero o da dereita da Arnoia, o de Penafiel, hoxe a Pousa, era só subsidiario coma o Castelo de San Xoán de Padreda de que falaremos.
Dánlle a orixe, non à Casa da Pousa de Armariz que lle sucede, senón ò Castelo de Penna Fidele,en Gonzalo Froyla ou Hermegildo Froyla sobriño de San Rosendo, xa no séc. X.
O asento neste século case seguro non estivese máis que en Ambía; aquí sería no século XI e comezos do XII, cuio señor cf. ano 1174 Velasco Menendiz tenente Pennam Fidelem- sí que puido estar presente na batalla das Navas de Tolosa (ano 1212), como alguén afirma.
Eligio Rivas Quintas: Estudios de Genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32036009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca026.pdf (Pax.2)
Eligio Rivas Quintas: Estudios de Genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2257804871Lonxitude: -7.74896621704
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Gavilanes67 says:
Ago 20, 2012
Algo mais sobre a torre da Pousa:
Don Pedro González de Ulloa no ano 1777 (Descripción de los Estados de la casa de Monterrey en Galicia, 216) di que a xurisdición de Baños (de Molgas) da Casa de Monterrey levaba o nome de Peñafiel, naturalmente por este antigo castelo.
Moita tivo que sé-la súa importancia na Edade Media cando lle dá nome a toda a ribeira dereita da Arnoia deica Baños de Molgas: Terra de Penna Fidelis. O lugar de Sanxillau ou San Sillau por frente a Xunqueira, atravesado o río por Porto Vello, posesión tamén de Santo Estevo de Ribas de Sil, vese nunha Bula de Inocencio IV (1243-1254)
–segura doazón tamén de Don Guterre-, coma sanctu Iuliano de Penna Fidele. À dereita da Arnoia ten moita herdade Sº Estevo de Ribas de Sil, doada por Don Guterre no séc.X, de que son herdeiros pola parte civil os castelos ou torres dos Ambía, igualmente con terras, e así o teren, ademais do orixinal en Ambía, este de Penna Fidele. Esta logo, ò se incrementar o paso pola Vrea, tamén de peregrinos a Santiago, díselle a Pousa; é cando se erixe a capela da Virxe do Camiño, probabelmente polo prior de Xunqueira de Ambía don Alonso de Piña.
Elixio Rivas: Notas de Nobiliaria da Alta Arnoia
Gavilanes67 says:
Xul 5, 2014
A zona que se ve na foto 2 caeu recentemente.