Outra fotografía:
Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: Xunqueira de Ambia
Outra denominación do ben: O Palacio
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Chámase así o espazo libre cerrado xenerado entre as construcións da Colexiata de Xunqueira de Ambia e as vivendas a que se accede desde a Rúa Asdrubal Ferreiro por un arco con escudo de armas de Felipe II e con un reloxo de sol cara a praza.
Adosado a ela hay un local, coñecido como ”Panera” co escudo de armas de Martín de Córdoba e unha inscripción laudatoria a Felipe II, que foi Pósito de Labradores, fundado en 1.694 porlo prior Martín de Córdoba para deixar semente de gran os labradores pobres, pola que pagaban de réditos un ”copelo por ferrado”. Hoxe é a sede da Asociación de Veciños Vila Sana.
En tempos, na festa do San Pedro Mártir que se celebraba o 29 de Abril (fose laborable ou festivo), a praza enchíase de mesas para comer no centro, deixando as beiras para atar as cabalerías.
Xunqueira grazas a súa ubicación, perto de Ourense, e con capacidades termais e saudable clima valeronlle o sobrenome de Vila Sana.
O antigo Palacio Prioral está adosado a Colexiata, o bispo Pascual Carrascosa fixou aquí a súa residencia e mandou construír, a principios do século XX, unha Casa Episcopal en terreos veciños o Mosteiro, co cal o templo acadou a categoría de Colexiata, pero morreu (1904) antes de rematarse, polo que se lle pon o seo nome a praza.
Posue dúas liñas de árbores enfrontadas.
Polo 1530 rexe o priorato de Xunqueira Don Alonso de Piña, o prior máis eficiente que tivo, que aquí dispón “hospital para cien pobres y peregrinos, nacionales y extranjeros, porque por aquí pasa el camino real o francés”.
No entrada ó terreiro interior, praza do Bispo Carrascosa, hai un arco con gran escudo, todo labrado por mor de comemora-la anexión desta Colexiata, declarada de Real Patronato por Felipe II no 1571,ó recén creado bispado de Valladolid. Faise cando rexe o priorato Don Martín de Córdoba, que goberna perante vinte anos, e parece que con eficiencia.
O escudo é testemuño da dependencia do padroádego real (BCMO, núm. 240, 421s).
É portado por aguia real bicéfala, coroada. En torno campa o toisón de ouro, presentando nas súas nove particiós, armas de Castela e León á destra, cunha faixa horizontal, ancha. En punta, 4 faixas estreitas de enxergo.
A sinestre: xugo e flechas, 5 flores de lis e león en punta. Con dobre escusón: nun as armas de Portugal, noutro,
inferior, 2 leós afrontados. (Nº 2)
Este prior realiza grandes obras: escolas, orfanato; elabora rexistro de foros e facenda, inventarios, libros… (BCMO, nº .242, p.446-448). Lémbrase a este prior na lumieira ou lintel do antigo hospital: “1594. EL PRIOR DN MARTIN DE CÓRDOBA”
Eligio Rivas Quintas: Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
Forma parte do conxunto declarado histórico artístico no ano 1931, e ben de interese cultural.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Eligio Rivas Quintas: Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
http://www.galeon.com/xunqueira/jjhisg.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca020.pdf (pax.2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.20413530981743Lonxitude: -7.73463249206543
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84