Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Sada
Parroquia: Sada (Santa María)
Lugar: Fontán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O castelo de Fontán ou máis ben a batería de costa de Fontán, construíse a principios do século XVIII para protexer de posibles ataques navais de toda a zona e sobre todo a unha fábrica de cordas e lonas promovida por dous empresarios flamencos, na que se ubicaron ó borde do mar e que foi protexida en todo momento pola Coroa española debido a súa importancia estratéxica. Aínda así, a fábrica trasladouse no ano 1762 a Ferrol, debido a que o Rey considerou que era unha vila máis e mellor fortificada e polo tanto máis segura.
Sada estivo defendida por esta batería de Fontán nun extremo da vila pero noutro estremo había outra batería chamada de Corbeiroa, así esta dúas facían unha boa defensa da ensenada de Sada. Encravadas nuns emprazamentos privilexiados, sobre todo Fontán, onde os seus canóns podíanlle pechalo paso ós barcos que quixesen atacar o seu porto.
José Cornide descríbenos nun relato que dí:” Pasada esta (Punta de Gandarío) se encuentra el Arenal de este nombre, después del que está el Puerto de Sada,que forma un semicírculo en cuyos estremos ay dos baterías, llamadas, una de Gorbeiroa, y otra de Fontane. Las que tienen sus cañones montados, y sus oficinas correspondientes para oficiales tropa y peltrechos”.
O Arsenal Militar de Ferrol cedería en custodia ó concello de Sada no ano 2008, un canón do século XIX para a súa instalación nos restos que existen da antiga batería militar, facendo unha reproducción en parte da estructura orixinal que tivo na súa época.
Agora mesmo este xacemento corre un serio risco de destrucción dado que por aí queren conectar un ramal para vía ártabra o que faría desaparecer parte da historia deste pobo e patrimonio que é de tódas as persoas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-RODRÍGUEZ-VILLASANTE PRIETO, J.A.: “Historia y tipología arquitectónica de las defensas de Galicia”. Ediciós do Castro, sada, 1984.
-SORALUCE BLOND, J.R.: “Castillos y fortificaciones de Galicia, La arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII”. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, 1985.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Corre un serio risco de destrución dado que por aí queren conectar un ramal para vía ártabra o que faría desaparecer este patrimonio que é de tódas as persoas e parte da historia deste pobo e deste país tan acostumado por desgracia a este tipo de cousas.


Onde está localizado

Latitude: 43.3641273479
Lonxitude: -8.24982583523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84