Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: Xunqueira de Ambía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
No barrio de A Fonte de Abaixo en Xunqueira de Ambía, pódese ver un complexo de fontes, pozos e tanques que permitían, en tempos non moi lonxanos, servirse de auga potable e lavar a roupa.
Tamén é interesante ver o uso masivo de pedra como material de construción.
Fonte na estrada con frontón de granito de cantería e pía cadrada o nivel do pavimento da rúa.
Baixo a estrada lavadoiro cuberto (xa non) con saída da auga no centro do pío e fonte de tres tubos de augas diferentes vertendo sobre pía que estaba cuberta de chapa metálica a catro augas, e aberta no centro.
Pechado externamente por muros de baixa altura, deixando unhos percorridos arredor con enlousado de pedra.
Ó carón da fonte que está por enriba da estrada, en época recente colocouse un sinxelo monumento como agradecemento a Elixio Rivas Quintas pola súa labor en prol do camiño de Santiago.
Comentan os veciños que a fonte de tres canos, por cada un de eles a auga era diferente, pasando de máis salgada, a máis doce.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca018.pdf (pax.6)
http://www.panoramio.com/photo/16510839
http://www.panoramio.com/photo/55215725
http://www.panoramio.com/photo/55215776
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.20428829806199Lonxitude: -7.73343622684478
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Gavilanes67 says:
Ago 17, 2012
Un pequeno apunte mais:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/18/5204895.shtml