Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade / Pontevedra (comarca)
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Fentáns, Chan de Balboa, Outeiro de Rozas Vellas
Outra denominación do ben: Laxe dos Cervos
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Sitúase nunha rocha ó pé dun outeiro. Sobre o panel, de 3 por 2 metros, represéntase unha gran combinación de círculos concéntricos de forma pseudolaberíntica rodeada de outras combinacións circulares de menores dimensións e varas figuras de cervos. Un destes cervos asóciase coa combinación circular principal por medio de tres arcos concéntricos que os xuntan.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SOBRINO BUHIGAS, R., “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”, 1935, Seminario de Estudos Galegos, Lám. XXVI, fig. 53.

GARCÍA ALÉN, A. e DE LA PEÑA SANTOS, “Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra”, 1980, Fundación Pedro Barrié de la Maza. Páx.54, fig. 60. ISBN 84-85728-04-1

Ficha no catálogo do PXOM: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
(pax 12 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Este panel así como os demais petróglifos da zona foron moi danados polos lumes do ano 2006… Malia a súa espectacularidade, fácil acceso, concentración de laxes… non están sinalizados nin se fixo ningún tipo de posta en valor.


Onde está localizado

Latitude: 42.5274954759
Lonxitude: -8.51400463426
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84