Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: Xunqueira de Ambía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A historia real comeza no século IV cando, segundo conta a lenda, apareceu unha imaxe da Virxe, no que era una lagoa denominada Xunqueira por ter moitos xuncos, erixíndose alí una pequena capela no súa honra, que pronto atraeu moitos devotos.
Parece que tivo éxito e cara o 955 constitúese coma casa monástica o fundar Gonzalo Froila e a súa muller Ilduara, parentes de San Rosendo, un convento de haeredes (familiar), en terras pertencentes o señorío de Ambía, do que lle veñen as cinco lúas do escudo.
A finais do século XI obtén o priorado, autónomo, alcanzando a súa xurisdición civil e criminal deica A Gudiña (mais de 100 km.).
En 1.150 é doado a Orde de San Agustín e establecese unha irmandade coa colexiata de Santa Mª do Sar de Santiago.
As múltiples doazóns particulares que recibe permítenlles impulsar a construción dunha gran igrexa de estilo románico, e un hospital ou hospicio para peregrinos. Comezada a súa construción o 2 de Xuño do 1.164, según quedou gravado na pedra, sufriu un proceso continuo de ampliacións que o dotaron do claustro, a torre e outras dependencias. E Monumento Nacional dende o 3 de Xuño do 1.931.
De estilo románico de transición con engadidos de outras épocas, ten planta basilical con tres naves rematadas en tres ábsidas semicirculares.
Na fachada destaca unha porta con arquivoltas funiculares sobre columnas estriadas, un tornachoivas de arcada sobre canzorros e un rosetón que se abre no centro. A ábsida central, dividida por columnas, mostra unha interesante colección de canzorros.
A torre ten arranque románico o que se lle anidiu a parte superior, de estilo barroco rococó, no ano 1.770. Na última reconstrución do teito, nos anos 60, eliminouse a falsa bóveda de canón de estilo compostelán e sustituiuse polo artesoado actual de madeira nobre, respetándose soamente os arcos oxivais formeiros.
Interesantes son o rosetón calado e ornamentado na cabeceira, a Capela da Merced e a Sacristía do século XVI con bóvedas de cruzaría.
No interior da igrexa pódese ver o retábulo maior, renacentista con influencias flamengas, e o coro de madeira de nogueira do s. XVI ornamentado cunha rica iconografía. No 1.536 o prior Alonso de Piña dotouna do primeiro órgano do lutier de Allariz Bernal Díaz. No século XVII foi sustituido por outro do lutier Gaspar de Alaraz. O actual, brillante exemplar da época dourada do orgo ibérico, foi contratado no 1.757 o lutier de Santiago Manuel González Maldonado. A caixa é barroca do escultor Xuan de Sanmartín de Celanova e remátaa unha talla da Asunción.
Foi colocado no 1.759 e reconstruído con acerto no 1.986.
É considerado como un dos mellores do seu tipo en Europa.Consta de orgo maior e orgo de ecos con dous teclados de 45 notas (1ª oitava corta) e nel celebrase todos os anos un Ciclo Internacional de Órgano.
Tamén ó prior Piña débeselle a dotación o templo do Retablo Maior, que encargou no 1.535 o mestre Xoán. Ó ano seguinte contratou as historias o imaxineiro Gaspar Salgado e a pintura o salmantino Pedro Bello.
Barroco, con 5 partes, sendo a central a mais ancha e con amplo remate. Está dedicado a Asunción e relata a vida da Virxe en escenas.
Foi retirado do altar maior, para descubrir as fiestras románicas, e está nun lateral.
Interesantes tamén o retablo de Sta. Ana, renacente, e outros retablos barrocos, así como as imaxes de San Martín (s.XVI),
a Virxe do Rosario (boa talla barroca), Sta. Mª Magdalena, o Vía Crucis (s.XVI) e, especialmente, a da Virxe Peregrina, de fino estilo rococó.
O coro, plateresco s.XVI, probablemente do mesmo autor que o Retablo Maior, foi partido e retirado a Sacristía.
En madeira de nogueira con rica iconografía, leva o escudo de armas de Alonso de Piña, Adán e Eva, San Pedro e San Pablo.
Considerado como moi importante no conxunto de sillerías corais galegas.
Os púlpitos son de estilo Renacemento século XVI con sirenas como soporte.
No templo atópanse varias sepulturas interesantes. Ademais das dos priores Alvaro de Piña e Luis Bermúdez fronte o presbiterio, está, debaixo do orgo, nun sarcófago soportado por dous leóns e con figura xacente de guerreiro, o de Alvaro Sotelo, do 1.508
Información: xunqueira.galeon.com é onosopatrimonio.blogspot.com.es
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Información:
http://www.monestirs.cat/monst/annex/espa/galicia/ourense/cxambia.htm
http://www.organourense.es/index.php/organos-de-ourense/11-organo-de-xunqueira-de-ambia/18-organo-de-xunqueira-de-ambia
http://www.panoramio.com/photo/65347255
http://www.panoramio.com/photo/65305092
http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/010202/01020204/19953_Santa%20María%20de%20Xunqueira%20de%20Ambía_1-4AIZ93.jpg
http://xunqueira.galeon.com/jjmong.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca020.pdf (pax.7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.20431611406663Lonxitude: -7.73508042097091
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84