Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Pedro de Camelle
Lugar: Praza da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal achafranado que na súa cara dereita tén gravado a imaxe dunha gamela. O varal é octogonal empezando en cadrado. O capitel é octogonal con astrágalo octogonal e ábaco cadrado de lados rectos, contén ademáis follas de fieitas e cabezas de anxo. A súa cruz é cadrada cos brazos achafranados e remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada co neno no colo arriba dun pedestal. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación. Cabe dicir que este cruceiro reemprazou o antergo polo motivo de que un camión tirou con el rompéndoo en anaquiños.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.18385780770588
Lonxitude: -9.09194827079773
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84