Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Santo Estevo de Buño
Lugar: Buño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Posúe unha escalinata de considerables dimensións pola que se accede ó adro. A súa imaxe é a dunha pequena igrexa con muros de pedra de cachotería, con excepción da fachada principal que é de cantería de cote irregular. Posúe unha nave principal con capelas apegadas a ámbolos lados e un pequeno soportal que protexe un acceso ó interior, de carácter secundario. A estrutura da cuberta da nave principal é a dúas augas, mentres que as das capelas son a tres e catro respectivamente, posuíndo todas elas unha cubrición de tella curva do país.
Na fachada principal sitúase a porta de entrada, e sobre esta un pequeno oco que acolle a unha sinxela escultura de Santo estevo coroado por unha vieira; este oco presenta unha ornamentación característica do período barroco. A continuación unha xanela rectangular dá paso a unha espadana, formada por dous ocos rematados en arcos de medio punto sobre os que descansa a cornixa que sustenta o corpo superior, rematado en pináculos con bóla. En canto ó interior, este mostra unhas paredes revocadas e caleadas, agás os vans, que son de cantería, e os arcos que se conforman no conxunto interior do templo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Vol. V, Deputación Provincial da Coruña, 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.26794458062043
Lonxitude: -8.780431151390075
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84