Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra
Lugar: Campiño Santa María
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo crucifixo de granito con grada cuadrangular de dous pasos.
A base é cúbica e nos ángulos da parte superior remata en ovalada e con unha caveira en cada ángulo. No centro entre elas hai ósos. Ó varal é de sección octogonal, e nel se atopa un santiño. Sobre o varal vai o capitel cuadrangular con volutas angulares e con decoración no centro, tres lados con querubíns e un cunha caveira. A caveira debería estar situada baixo o anverso (este) pero atópase na cara norte.
A cruz é cuadrangular coas esquinas achafranadas e sobre estas uns semicírculos. Polo anverso esta representado Cristo con tres cravos, o pé dereito sobremonta o esquerdo. A cabeza está inclinada hacia a dereita, leva coroa de espiñas e disco solar por fondo. Sobre este o pergamiño ao que non se lle aprecia a inscripción. O pano vai anoado á esquerda. Polo reverso sobre a peana dun querubín leva a imaxe da Piedade, de composición romboidal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Rodríguez Castelao A. D. 2008 “As cruces de pedra na Galiza”, Editorial Galaxia (pp: 168, 169, 158 e 139. Láminas: XXIII, XXXVIII e LXIII).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

As base e o santiño están bastante deteriorados, son as partes máis baixas e a xente se apoia nelas.


Onde está localizado

Latitude: 42.43398177968751
Lonxitude: -8.647586703300476
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84