Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Lalín
Parroquia: Catasós
Lugar: Quintela
Outra denominación do ben: Carballeira de Quiroga
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Os carballos máis esveltos de Galicia están na fraga de Catasós, tamén chamada Carballeira de Quiroga. Carballos e principalmente castiñeiros acadan os 30 metros de altura e cinco de perímetro, co cal están considerados os mellores exemplares centenarios de Europa. Foron plantados a comezos do século XIX na propiedade do pazo da familia Quiroga. Os troncos caídos son aproveitados para contar anel a anel a súa historia aos visitantes.
Xa a mediados do século pasado a FAO, Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, reclamara a protección desta fraga. Na actualidade é un dos Monumentos Naturais galegos e forma parte do catálogo de Árbores Senlleiras da comunidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Listaxe de árbores e formacións senlleiras
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070417/AnuncioD506_gl.pdf

Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o
Catálogo Galego de Árbores Senlleiras
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070417/AnuncioD506_gl.pdf

PROTECCIÓN DE ÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS EN GALICIA
Antonio Rigueiro Rodriguez Departamento de Produción Vexetal.
Universidade de Santiago de Compostela
http://goo.gl/iNr0f9


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Unha liña de alta da compañía Gas Natural-Unión Fenosa podería pasar sobre terreos da fraga de Catasós. Colectivos en defensa da fraga e concello de Lalín intentan negociar coa compañóa un cambio de trazado.


Onde está localizado

Latitude: 42.6351111133
Lonxitude: -8.09467077255
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84