Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Armariz (San Salvador)
Lugar: A Pousa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Atópase no centro do núcleo da Pousa, na vía principal e enfrontada o acceso a Armariz e Os Casares.
Esta circundada por un adro rodeado por muros baixos e a unha cota superior a da praza e estrada coas que limita.
Consta dunha nave única en silleria de granito. Na fachada amosa unha porta alintelada e ocos laterais, e enriba unha imaxe da virxe do camiño, ademais de dous escudos de armas procedentes posiblemente da torre dos señores de Armariz.
Está rematada por unha espadaina dun arco sobre ático coroado por dous pinaculos e cruz no centro.
En Penna Fidele, cando se incrementa o paso pola Vrea de peregrinos cara Santiago é cando muda de nome e pasa a ser A Pousa, e eríxese a capela da Virxe do Camiño, probabelmente polo prior de Xunqueira de Ambía don Alonso de Piña (1513-1544).
Dous escudos hai na fachada da capela da Virxe do Camiño, de bordura igual, con follaxe de peciolo flordelisado, no centro adorno acastelado e na cima piñas (¿piñas de Alonso de Piña do primeiro cuarto do XVI?). O da dereita con elmo ollando a destro e
con cinco particiós; na 1ª cinco lúas de Ambía, 2ª aves e castelo de Salgado, 3ª,4ª e 5ª (en punta) castelos e león de Enriquez.
No da esquerda, con elmo a sinestre, cuartelado, vemos no 1º cinco cabezas de lobo de Mosquera, no 2º cinco vieiras en sotuer de Ribadeneira, no 3º dúas bandas, no
4º axedrezado de Soutomaior. Son do tempo, e moi relacionado o segundo cos escudos de Vilanova (Ribadeneira e Mosquera). No da dereita un cuartel de vieiras, paso da Vrea camiño mozárabe de Santiago; no da esquerda, tres castelos en tres cuarteis distintos que rememoran o antigo escudo.
Elixio Rivas: Notas de Nobiliaria da Alta Arnoia
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.panoramio.com/photo/37230298
http://www.panoramio.com/photo/37230318
http://www.panoramio.com/photo/37230336
http://www.panoramio.com/photo/37230353
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca008.pdf (Pax.1)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.22606249409621Lonxitude: -7.750141024589539
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84