Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Santa María do Temple
Lugar: O Temple
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Interesante igrexa románica do século XII, realizada en sillería de granito. Santa María do Temple orixinariamente respondía a unha planta basilical de tres naves e tres ábsidas. Na actulidade, na súa sinxela planta dunha soa nave, só conserva unha pequena ábsida semicircular da parte Leste reformada e decorada cuns sobrios canzorros. O teito da nave é a dúas augas e a da ábsida a tres. Nos muros da parte norte hai dúas ringleiras de campas pra enterramentos tan só separados polo van de luz rectangular de dito muro.
O armazón da cuberta é en madeira a dúas augas que se cobre mediante bóveda de canón peraltada na ábsida. Fachada austera na que destaca a decoración da porta principal, rectangular, cun tímpano adornado por pequenas arcadas representando a ponte do Burgo, seguida dun pequeno van de luz rectangular e como remate, unha espadana de dous corpos; no primeiro corpo formado por tres machóns que dan lugar a dous ocos rematados en cadanseus arcos de medio punto onde se sitúan as campás, e un segundo corpo que actúa como remate por un frontón triangular cunha fornela calada no centro, e no máis alto un acroterio coroado por unha cruz de ferro. Sorprenden os sólidos contrafortes dos muros laterais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada». Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1995.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.31585398707104
Lonxitude: -8.358125388622284
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84