Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Muxía
Parroquia: Touriñán (San Martiño)
Lugar: Cabo Touriñan
Outra denominación do ben: Castelo de Touriñán / Illa Herbosa
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Dende a costa pódese ver no cumio da illa moita cachotería esborrallada, e que podería pertencer a unha construción tipo torre ou faro, de aí viría o nome de “castelo”. Nada máis chegar a illa adivíñase uns restos de muro perimetral pola cara leste e outro feito de perpiaño regularizado no que debería ser unha entrada ben traballada no extremo sur. No cume podemos ver restos de cachotería e pódese seguir as trazas de muros e ver a gran cantidade de pedra que foi usada para a construción da edificación.
A illa do Castelo , segundo din os carteis explicativos do Faro Touriñán : “é unha enigmática illa onde se atoparon restos arqueolóxico”. Algúns autores queren sinalar aquí a Torre de Augusto, facendo a hipótese sobre un escrito do historiador romano Pomponio Mela (I d C.) que describía as costas onde habitaban os Nerios, e poñía esta torre coma o fito no que a costa deixaba de ir cara o norte e xiraba cara o leste e miraba ao norte: “Deinde ad septentriones toto latere terra convertitur a Celtico promunturio ad Pyrenaeum usque”.(Dende aquí todas as terras miran ao norte, dende o Promontorio Céltico ata os Pirineos). Pero sempre que nos escritos, con certa lóxica topográfica, o río Sars sexa identificado como o Xallas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15052009
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca001.PDF (pax. 15 do pdf)
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2445


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0486786705
Lonxitude: -9.30070996284
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84