
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muxía
Parroquia: Touriñán (San Martiño)
Lugar: Touriñán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A igrexa está alonxada da aldea do mesmo nome e sobre o que foi un edificio do século XII. Foi feita a principios do século XIX e ten planta basilical con capela rectangular e tellado a dúas augas. A fachada principal con pouca ornamentación e feita a base de perpiaño regular e rematando os extremos en pináculos apuntados e unha pequena cornixa. Os muros restantes son de mampostería. A finais do XIX engadíuselle unha torre con campanario, de gran altura, que se adianta o corpo da fachada, e abríndose por tres lados ao pé da entrada cunha bóveda de canón apoiada en rexas columnas, conformando unha especie de pórtico. A partires desta base un corpo cadrado aberto con arcos de medio punto, que vai sobre pilastras refundidas, soportan un friso sobre o que vai un corpo octogonal e decorado con pináculos de bólas. Algunha información apunta a unha reinterpretación da Torre de Andrade da Catedral de Santiago pero feita por un mestre local. Enriba da porta hai unha fornela cun San Martiño. O entorno da igrexa forma un fermoso conxunto no que podemos ver o atrio semicircular e un banco corrido na cara Sur. Xunto a ela están as ruínas do que foi a casa rectoral coas súas dependencias anexas. Pasa por ser o templo máis occidental de Europa en canto a terra firme.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUXIA/documents/0232CA001.pdf ( páxina 23 de 29 )
http://www.dicoruna.es/ipe/proyectos/turmas/infoturmas/busca_recurso_detalle.php?id_detalle=3487
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.03909622403062Lonxitude: -9.259361028671265
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Juan says:
Mai 7, 2013
Eu quitaría esto do texto “Pasa por ser o templo máis occidental de Europa en canto a terra firme.” pois é incorrecto.
Hai varios templos próximos a este que están máis ao oeste.
Por orde de máis ao oeste a máis ao leste:
1º San Vicente de Duio
2º San Martiño de Duio e San Cristovo de Nemiña
3º Santa María das Areas de Fisterra e a última e máis ao leste
4º San Martiño de Touriñán obxecto desta ficha.
En Portugal haberá máis pois a zona de Estoril e Cascais están aínda máis ao oeste.
Estes datos son fácilmente comprobales en calquera mapa.
Un saúdo
Elixio Vieites says:
Mai 7, 2013
Pois eu o que dixen foi “pasa por ser” non que fora, non mirei as coordenadas, e a información turística ou documental de algunha institución ao mellor quere velo así, que é de onde tirei a frase, supoño que para que o visite máis xente. Na páxina de Muxía nin se menciona e no camiño a fisterra pouco se nomea.
http://www.concellomuxia.com/ga/web/index.php?mod=int&tip=3
http://www.neria.es/gl/muxia.aspx
Un saúdo e grazas pola apreciación.