Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Marín
Parroquia: Campo (Santa María)
Lugar: Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Igrexa de Santa María do Campo conserva boa parte da súa primitiva traza románica, aínda que o que hoxe é visible é o resultado de sucesivas reformas en varias épocas. A parte máis antiga corresponde ao actual testeiro ou cabeceira, de pranta cuadrangular e cuberta de madeira, no que se abre unha xanela con arco de medio punto que acolle dous vans xeminados con arquiños de ferradura, todo enmarcado por unha sinxela moldura de dentes de serra. A este testeiro, e aproveitando os materiais da igrexa primeira, se engadiu cara o século XIII un corpo meirande, dunha soa nave, e de pranta rectangular, comunicado co testeiro mediante un arco triunfal.
Na decoración exterior destacan os canzorros con figuras de animais e humanas, dispostos ao longo do aleiro, e o agnus dei que remata o pincho, á altura do presbiterio. Na portada, con dous arcos de medio punto simples dobrados, hai restos de inscripcións. Coroa a fachada unha espadaina que fai as veces de campanario.
A decoración interior é moi destacable. Ao retirar hai uns anos un retábulo, apareceron decorando os muros do altar maior unhas interesantes pinturas. Datadas no século XV-XVI, amosan rasgos estilísticos máis ben propios do gótico. A un lado e outro da xanela xeminada do testeiro (con arquiños de ferradura) hai representada unha anunciación. Á esquerda, o arcanxo Gabriel, e á dereita a Virxe xunto a unha torre que lle serve asemade de atril. No alto, hai unha representación do Pantocrator, rodeado dun medio nimbo, dende o que descende a pomba do Espírito Santo.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Hai un tríptico no muro Sur que representa no centro a San Sebastián, flanqueado á dereita por San Antón, e á esquerda por San Cristobo (ou Santiago)


Tradición oral:

A Igrexa pertenceu á orde dos Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén ou Orde de Malta, sendo a máis importante das súas posesións na bisbarra.  Un dos seus privilexios era o de dereito de asilo aos criminais que entrasen nela procurando refuxio.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Bango Torviso, Isidro G. Arquitectura Románica en Pontevedra. Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1979.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.36529820933543
Lonxitude: -8.71941089630127
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84