Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Santo Estevo de Buño
Lugar: Rúa de Santa Catalina
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cadrangular de catro chanzos, os tres últimos con voo. O pedestal cúbico con remate moldurado, esquinas achafranadas e paramentos recadrados no que nun deles ten unhas inscricións moi febles no que só se pode ler “…18…”. O varal é octogonal comenzando en cadrado e moldurado, levando adornos nos chafráns. O capitel toscano leva unha cruz circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. A cabeza tena para adiante cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado a regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MALPICADEBERGANTINOS/documents/0207CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.267452405620574
Lonxitude: -8.782233595848083
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84