Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Muxía
Parroquia: San Pedro de Coucieiro
Lugar: Coucieiro
Outra denominación do ben: Casa de Leis Busto
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fronte á igrexa de San Pedro de Coucieiro atópase este edificio que foi un antigo pazo do século XVIII e que na actualidade funciona como centro médico tras a rehabilitación que sufríu no ano 1995. Lixeiramente elevado sobre o nivel da estrada mostra o seu señorío ós visitantes que ata eiquí se achegan á igrexa.
O edificio principal é de planta rectangular disposta e dúas alturas, ademais dun pequeno semisoto e mailo baixocuberta. A distribución interior mantén os grosos muros orixinais, e no baixo prodúcese un xogo dalgunhas dependencias a distintos niveis.
O conxunto complétase con outras construcións anexas, destacando no interior da leira unha gran cuba cilíndrica de pedra que era onde tradicionalmente se facía a sidra.
O material utilizado para os muros é a pedra á vista, a base de cachotería miúda nos panos e perpiaños para as xanelas e maila entrada, ademais de reforzar os esquinais. A cuberta trázase a dúas augas con tella curva.
Na fachada principal, sobre a entrada, destaca a composición de tres xanelas co lintel en forma de arco de medio punto rebaixado. Tamén xa na parte posterior, unha boa cheminea de pedra, sen elementos decorativos que a coroen.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/0232CA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0369209321Lonxitude: -9.16811496019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Manuel says:
Set 18, 2016
É a casa de Leis Busto, un dos compañeiros de Pondal na escola de Nemiña. O escudo procede doutra casa, hoxe desaparecida, da familia Leis. Por debaixo da estrada hai un pasadizo para acceder á horta.