Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Dumbría
Parroquia: Olveiroa (Santiago)
Lugar: Olveiroa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O lugar do Castelo en Olveiroa presenta o perfil do que debeu ser un castro amurallado. O topónimo e as fotos do voo americano do 1956 amosan un gran recinto rodeado de doble muralla situado na confluencia de dous regueiros que van para ao Xallas ( hoxe un está desaparecido, pois sería recanalizado cara o outro polo lado oeste). Na actualidade ata alí chegan as augas do encoro da central de Ponte Olveira e o lugar e case intransitable. Segundo información de Xosé Troiano : “sitúase a uns 290 metros do nivel do mar e a uns 950 metros ó sur da aldea de Olveiroa. Na Croa do castro existen catro lousas de forma rectangular fincadas verticalmente no chan e a entrada semella estar no lateral leste. Ten forma ovalada orientado Leste-oeste. Polo norte está protexido por unha muralla con vestixios da existencia dun foxo, polo sur limita co río Xallas e polo oeste co río de Olveiroa”.
O xacemento atópase a 2,5 qm. en liña recta do Castro (ou Castelo) de Logoso (Dumbría)
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15034036
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.96172954072195Lonxitude: -9.04072880744934
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Xose Troiano says:
Ago 27, 2012
Moi boas Elixio, xa vexo que te me adiantastes nestas fichas, xa as tiña caseque ramatadas. Douche o que che falta por poñer, o código no catálogo da xunta: GA15034036. Ademais se queres podes amplialo con isto:
“Coñecido polos lugareños como O Castelo, sitúase a uns 290 metros do nivel do mar e a uns 950 metros ó sur da aldea de Olveiroa. Na Croa do castro existen catro lousas de forma rectangular ancladas verticalmente no chan e a entrada semella estar no lateral. Ten forma ovalada orientado Leste-oeste. Polo norte está protexido por unha muralla con vestixios da esistencia dun foxo, polo sur limita co rio Xallas e polo oeste co rio de Olveiroa”.
elixiovieites says:
Ago 27, 2012
Ficha do Castro de Logoso, na mesma zona e a 2,5 qm. en liña recta.
http://patrimoniogalego.net/index.php/2012/04/castro-de-logoso-2/
Xose Troiano says:
Ago 27, 2012
Boas Elixio, perdoa pero como tiña fame cominme unha palabra. “… e a entrada semella estar no lateral Leste”.
Evidentemente as entradas están nos laterais, pero cominme en cal deles. Unha aperta compañeiro.
Elixio Vieites says:
Set 20, 2013
Ortofoto do voo americano do 1956, e planos de pendente e alturas de obxectos (Lidar 2009), da zona do Castelo de Olveiroa. Debaixo do lugar de Olveiroa, parte central inferior das imaxes, nas marxe dereita do Xallas: http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0093A-0402.pdf
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0093A-0402.pdf
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ALTURAS_LIDAR/AlturasLidar_0093A-0402.pdf