Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oleiros
Parroquia: Liáns (Santaia)
Lugar: Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cadrangular de tres chanzos sen pedestal. O varal é cadrado con chafráns na que vai un capitel cadrangular con cuarto bocel e con astrágalo cadrangular e liso. A súa cruz é rectangular e presenta polo seu anverso a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza ergueita cunha coroa e un pergamiño coas siglas INRI. Ten o pano de pureza sen nós. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol.II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf (páx.6).
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca512.pdf (páx.3).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3341799886
Lonxitude: -8.35209041834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84