Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oleiros
Parroquia: Liáns (Santaia)
Lugar: Santaia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de santaia de Liáns constitúe un dos poucos exemplos do barroco rural existentes na zona. Con planta de cruz latina, a parte do cruceiro está cuberta cunha pequena cúpula a modo de lucernario. No interior conserva retablos do século XVII e distintos elementos relacionados co barroco galego, cabe subliñar a cuberta de bóveda de aresta dividida por arcos faixóns. Na fachada concéntrase toda a decoración en torno á porta principal, enmarcada por potentes molduras pétreas, tan características do barroco de placas de influencia compostelana. A cada lado da porta destacan outras molduras, con dous piares que se elevan sobre a dúas alturas da fachada occidental. Enriba da porta, ollamos un tímpano semicircular lobulado na súa parte máis alta, como unha especie de arco flanqueado por dous característicos pináculos, a espadana é de dous corpos, o inferior con catro arcos de medio punto e o superior rematado en cúpula.
Nesta igrexa é onde se roda “Padre Casares” da TVG, unha serie que xa leva uns anos e que gosta moito entre a comunidade televisiva galega.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, oleiros e Sada”. Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1995.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf (páx.6).
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca502.pdf (páx.6).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3338834449
Lonxitude: -8.35173368454
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84