Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: -- / Ourense
Parroquia: Ourense Centro (Santa Eufemia)
Lugar: Ourense (Praza do Ferro)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Na Praza do Ferro, chamada así por ser o antigo mercado de ferramentas, quincalla e potes, no seu centro está esta fermosa fonte barroca.

O seu nacemento remóntase ao século XVIII, nos xardíns do mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil, (non en Oseira, como por erro algunhas fontes citan), e o seu asentamento na Praza, aproximadamente nas postrimerías de 1856, ou comezos do 1857.
Posiblemente a súa construción inicial, coincidiu coa reforma do “Claustro dos Bispos” no ano 1722. O seu estilo é Barroco e forman a súa decoración sirenas, cariátides, Eros, e dúas aguias que rematan a columna. Ten dous pratos, a parte do vaso inferior.
O seu traslado produciuse como unha consecuencia da desamortización de 1835, (Mendizábal).
Sen data exacta de terminación, o que é coñecido e o carpinteiro que recibiu o encargo da súa colocación na Praza, Don Manuel Varela.
É das poucas, que non sufriron traslados posteriores, aínda que se se produciron modificacións no chan que a rodea. Nalgunha fotografía antiga, vense diferentes niveis nos chanzos que a rodean.

Información: ourensenotempo.blogspot.com.es

No artigo “A fonte da praza do Ferro, en Ourense, veu do Mosteiro de Ribas de Sil” de Fernando González Suárez, podemos ler:

O inapreciable libro de Pepe Adrio Menéndez, Del Orense antiguo (Orense, imprenta “La Popular”, 1935), exemplar raro hoxe nas bibliotecas máis importantes, e moi documentado, recolle sobor do tema das fontes de devandito mosteiro que, como é sabido, ornan dende o século derradeiro algunha das prazas máis sobranceiras da cidade, unhas liñas esclarecedoras (páx.104) que imos reproducir de seguido:
( … ) A la Plaza mayor, donde por todos sus costados había árboles, fue
llevada en virtud de acuerdo municipal de 27 de Agosto (está a falar do
ano 1856), una de las fuentes monumentales del Monasterio de Osera,
trasladada años después, al bosque de los jardines del Posío.
También se colocó, entonces, en la Plazuela del Hierro, otra fuente de no
escaso mérito, traída del convento (sic) de Ribas de Sil.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a2/Fonte_na_praza_do_Ferro_Ourense.jpg
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c0/Praza_do_Ferro_%28Ourense%29.jpg
http://commondatastorage.googleapis.com/static.panoramio.com/photos/original/7882799.jpg
http://www.panoramio.com/photo/35322573
http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/ourense/626941/
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2009/03/fonte-da-praza-do-ferro.html
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2008/10/fonte-da-praza-do-ferro.html
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/search/label/Fontes
http://turismoourense.blogspot.com.es/2011/11/plaza-do-ferro.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.337737
Lonxitude: -7.863271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84