Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Muxía
Parroquia: Touriñán (San Martiño)
Lugar: Touriñán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A casa reitoral está completamente en ruínas ao lado da igrexa parroquial. O edificio de planta rectangular e dúas alturas está feita a base de muros de cachotería e perpiaño de granito para os linteis de portas e ventás. Os escasos vans danlle un aspecto rexo e compacto. Carece en case a súa totalidade de adornos arquitectónicos, a excepción da porta principal, onde se poden ver na parte superior un sol e unha lúa gravados no lintel e unha figura no medio que non se pode apreciar. Pola súa simboloxía non é difícil supoñer que fora de outra edificación máis antiga como sucede noutras localizacións. Despois virían unha especie de arcos afundidos no muro que confluen nun saínte a modo de canzorro. Están debaixo dunha ventá e servirían de troneiras e usalos con algún tipo de arma, pois dous buratos atravesan a parte superior dos arcos e acaban no primeiro andar, xusto ao pé de dita ventá. Esta característica da porta pódese ver tamén na reitoral de Moraime. A casa ten outras dependencias en ruínas ao carón dela que debían ser alpendres agrícolas e outras dependencias para o gando e cabalerías. Forma conxunto coa igrexa e un adro acabado en muro semicircular ao que se accede por unha escaleiras rematadas con formas redondeadas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ficha do pxom da igrexa parroquial de Touriñán:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUXIA/documents/0232CA001.pdf ( páxina 23 de 29 )

Documento da Deputación da Coruña que a nomea en ruínas: http://www.dicoruna.es/ipe/proyectos/turmas/infoturmas/busca_recurso_detalle.php?id_detalle=3487


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.03906917095899
Lonxitude: -9.25971508026123
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84