
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: -- / Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - Praza do Ferro
Outra denominación do ben: Pazo do Seiscento
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo dos Boán, tamén chamado “Pazo do Seiscento” érguese xusto enfronte dunha fonte barroca na ourensá Praza do Ferro, chamada así por ser o antigo mercado de ferramentas, quincalla e potes.
Trátase dun palacio que construíu nos comezos do seiscentos un dos maiores fabuladores locais, Juan Fernández de Boán y Landecho, gastando a fortuna labrada no Perú polo seu tío Juan que exerceu alí o vicerreinado.
É unha construción de catro alturas, con fachada de pedra granítica e múltiples balcóns, sobre os que locen catro escudos. No da parte superior do segundo piso, baixo o balcón corrido, campan as armas dos Boán e os Landecho. Noutro loce o sol do Perú, símbolo da nova prosapia, labrada en terras do Imperio.
Cando a principios do século XVI o rico comerciante de panas Fernando Boán costeou estudos eclesiásticos ao seu fillo Juan, dificilmente podía imaxinar que un tataraneto seu acabaría entrando no Consello de Indias, un dos principais órganos políticos da Monarquía Hispánica dos Austrias. Juan, o fillo crego do comerciante de panas de Chantada, tivo dous descendentes que tamén fixeron carreira eclesiástica. Un deles, Fernando, párroco de San Xoán de Abruciños, procreou seis fillos entre os que destacou Juan:
estudou canons e leis na Universidade de Santiago, foi catedrático na de Salamanca e en 1591, co valioso apoio dos condes de Lemos, embarcou cara ás Indias para ocupar varias maxistraturas na Real Audiencia de Lima, o máis alto tribunal do Vicerreinado do Perú. Como decano da Audiencia, correspondeulle exercer interinamente as funcións de vicerrei do Perú durante algo máis dun ano, tras o pasamento do titular en 1606. Con honras de vicerrei, foi despedido cando marchou das Indias en 1613 para retornar á súa terra. Grazas ao patrocinio dos seus valedores, os Condes de Lemos, culminou esta fulgurante carreira política como membro do Consello de Indias. En Perú ficara viúvo dunha rica dama indiana, Damiana de Landecho, que malia non lle dar fillos, fíxoo herdeiro dun crecido capital. Antes de marchar ás Indias, Juan tivera unha filla natural, Josefa, a quen declarou herdeira universal coas condicións de que casara con Pedro Fernández de Boán, curmán dela, e de que este adoptara como propio o apelido da dama americana á quen lle debían a súa fortuna.
Información: Fronda 2009 “Os arquivos da fidalguía (II)” Os libros tombos da familia Boán.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://civitasauriensis.blogspot.com.es/2009/04/ourense-en-tempos-dos-rrcc-parte-ii.html
http://andanhos.blogs.sapo.pt/tag/ourense+-+aproxima%C3%A7%C3%A3o+ao+desenvolvimento
http://www.minube.com/fotos/rincon/88741/439343
http://www.minube.com/fotos/rincon/88741/439351
http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-historico-provincial-de-ourense/resources/downloads/Fronda-25-Arquivos_da_fidalguxa-2.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3378127463883Lonxitude: -7.86317199468612
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Joseph Boan says:
Out 19, 2017
MUCHAS GRACIAS.