Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Valdoviño
Parroquia: Sº Martiño de Villarrube
Lugar: Liñeiro
Outra denominación do ben: Capela da Fame
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Ermida de Nosa Señora de Liñeiro, ou Capela da Fame, é unha das máis singulares e interesantes capelas na ruta de peregrinación a San Andrés de Teixido, ao longo da cal foron establecéndose unha serie de lugares que servían de descanso e refuxio para os peregrinos, á vez que algúns se constituiron en importantes reclamos económicos polas ofrendas que alí deixaban os romeiros.
Cómpre subliñar que no século XII produciuse a donación aos Cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén de varias das propiedades vinculadas a esta ruta de peregrinación, quenes se ocuparán de protexer aos peregrinos e coidar e manter todas estas infraestruturas asistenciais vinculadas, deixando pegada arqueolóxica da súa presenza na comarca nas cruces de Malta que se identifican en varias das construcións medievais destas terras, como no caso da Ermida de Liñeiro.
Seica o antigo templo foi trasladado a finais do século XIX do seu emprazamento orixinal, a pé do Camiño Real, debido a que os romeiros deixaran de utilizar este treito, preferindo subir por Basteiros, camiño máis curto.Este feito supuña unha perda económica importante para a Igrexa, polo que o párroco daquel momento, convenceu aos veciños da necesidade do seu traslado.Parte da construción conservada, do século XVI, débese ao patrocinio da Casa dos Tenreiro de Lago. No seu interior alberga un retablo en pedra policromada de estilo renacentista de gran beleza. No seu programa iconográfico a interpretación popular ve representada á Fame e á Preguiza, entre os medallóns coas efixies de dous membros da familia Tenreiro.
A Capela da Fame servía, -e serve aínda-, como lugar de repouso físico e espiritual dos peregrinos a San Andrés de Teixido.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BASCOY PÉREZ, R.,La comarca del Ortegal en el II milenio antes de Jesucristo.Imprenta Fojo,Ortigueira,1954
PENA GRAÑA, A., San Andrés de Teixido. El camino mágico de los Celtas.Equona Deseño Editorial,S.L.,Narón (A Coruña), 2006
VARIOS AUTORES, M. ANEIROS LOUREIRO «San Andrés de Teixido. Historias de romeros y peregrinos», Ed. Galicia Mágica, 2007
www.concellodevaldovino.com
www.planeamentourbanistico.xunta.es/main/SeeDocumentoGALICIA.asp?elementoID=928&menuTitle=CATALOGO&mosca=&idlinkmapimage=-1&px1=556212&px2=582385&py1=4820114&py2=4836940&pIsNSPP=0&pIDProvincia=-1
www.ferrolortegal.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.61633363726396
Lonxitude: -8.072633743286132
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84