Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Oleiros
Parroquia: Liáns (Santaia)
Lugar: O Porto de Santa Cruz - Illa do Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

En 1581, o rei Felipe II mandou a Jorge Paleara Fratin para inspeccionar a ría da Coruña, que recoñeceu ás dúas illas nas que se poderían construír sendas fortificacións abaluartadas, Santo Antón e Santa Cruz. Mais só se construiría Santo Antón polos plans orzamentarios. De fortificarse a illa de Santa Cruz, outra sorte aconteceríalle á Coruña oito anos despois, en maio de 1589 cando sufriu o ataque do pirata Francis Drake.

“Iba entretando, la armada de los contrarios avanzando con lentitud, y á fin de evitar los fuegos de S. Antón, se acrecaba cuanto podia á la costa de Santa Cruz, desde allí, pegada siempre á tierra, fué dirigiendo su rumbo á la ría del Pasage, torciéndose hacia la playa de Sta María de Oza, hemos dicho que las obras de S. Antón no estaban aun concluidas, sin embargo el castillo hizo algunos disparos, y no con desgracia, pues la capitana inglesa que había anclado, tuvo que mudar de fondeadero retirándose á mayor distancia…”

Non ía desencamiñado Fratin ao inspeccionar Santa Cruz, e propoñer a súa fortificación, segundo a descrición que do ataque de Drake fixera Vedia y Goossens. É moi probable que as primeiras obras do forte se fixeran no primeiro mandato como Capitán Xeneral de Galicia de Diego das Mariñas, cara ó ano 1594-5, xa que hai un informe de 1596 que di que as obras de fortificación de Santa Cruz continúan coa chegada do novo Capitán Xeneral.

O proxecto orixinal realizouno en 1594 o enxeñeiro militar Pedro Rodríguez Muñiz. Está situado nunha pequena illa á que se pode acceder por unha ponte de madeira que a une a terra. Nos planos do século XVII aparece como un conxunto de diversas baterías construídas de forma dispersa. O longo do XVIII acondiciónanse parapetos, pavillóns para tropa e a polvareira, realizándose un proxecto de fortaleza abaluartada en 1774, baixo a dirección de Pedro Martín Cermeño e que axustaba a súa forma á da illa, cunha planta en forma de punta de frecha, simétrica, construíndose só a batería e a esplanada para artillería coas súas dúas esquinas rematadas con garitas de vixilancia. O castelo estaba dotado de varias pezas de artillería, entre elas unha culebrina, e un canón chamado Barraco capaz de disparar a unha distancia de dez quilómetros, estando o castelo de Santo Antón a uns catro quilómetros, tamén era un forte capaz para uns 500 homes segundo informes da época.

Actualmente está destinado a Centro de información e divulgación ambiental doado polo Concello de Oleiros á Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia, para celebración de seminarios e demais actividades relacionadas co medio ambiente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:

-RODRIGUEZ-VILLASANTE PRIETO, J.A.: «Las defensas de Galicia», Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1984.
-SORALUCE BLOND J.R.: «Castillos y fortificaciones de Galicia. La arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII». A Coruña, 1985.
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada». Vol.I, Deputación Provincial da Coruña, 1995.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf (páx 7).
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca503.pdf (páx.1).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3483382671
Lonxitude: -8.3501458168
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84