Outra fotografía:
Tipo de ben: Vila romana,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Zas
Parroquia: Brandomil
Lugar: Brandomil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
En Brandomil erguíase unha cidade romana de ó redor de 25 hectáreas. Cruzada, de seguro, pola vía XX per loca maritima, que ía de Braga a Astorga pola parte costeira da Gallaecia e subía cara Brigantium. A vía daba esta volta cara o Finisterrae para chegar ata as minas que se explotaban moi preto dalí, coma o pozo de Limideiro.
Nas escavacións de hai catro anos atopáronse moedas, cerámicas africanas de diferentes épocas, xoias, vidros, aras, placas, frontón de mausoleos… Todo isto quedará como mostra da importante cidade que foi Brandomil, onde se estableceron membros da Administración imperial;
E como todas as estradas, tiña que ter unha parada para repoñerse; sobre todo tendo en conta como eran antes os camiños e os días que podía levar facer esas viaxes. A mansio Grandimiro ou Glandomiro foi localizada en Brandomil por varios historiadores como esa estación na vía XX.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A explicación que dan os veciños de Brandomil para poder entender de onde saen tantas “paredes” e pedras cando traballan nas súas leiras é que a aldea foi afundida. Como contan as lendas de asolagamentos de antigas cidades, nesta tamén parece ser que un desastre arrasou coa anterior vila hai moitos séculos, ou que incluso os seus cimentos viñéronse abaixo e quedaron soterrados baixo as beiras do Xallas. De aí lle vén o nome, segundo contan aínda os vellos, “Van dio-mil” que quere dicir “Van dous mil” mortos nese afundimento ou desastre.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, X. Mª e outros: «Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte». Xerais, Vigo 2010.
http://compasdacosta.com/blog/2012/06/17/brandomil-romano/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250eo019.jpg
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Desgraciadamente perdéronse xa moitísimas das estruturas desta gran cidade ó quedaren baixo os cimentos das vivendas da aldea e tralos traballos agrícolas realizados durante séculos. Aínda así perviven moitos restos da cidade, enmarcados nunha área de protección especial.
Onde está localizado
Latitude: 43.01000569872806Lonxitude: -8.923355340957642
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 24, 2021
Nova do 15 de agosto de 2021 na prensa dixital que garda relación con esta cidade romana: a existencia dunha vía romana.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2021/08/15/arqueologos-confirman-via-romana-brandomil/0003_202108C15C8991.htm