
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - Praza da Madalena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O cruceiro está situado no centro da praza da Madalena. Foi realizado en granito en 1718, tal e como se le na inscrición da base. Ten na cruz as figuras de Cristo crucificado apoiado nunha caveira e a Virxe Dolorosa apoiada en anxos. Catro medallóns rodean á Virxe con escenas difíciles de descifrar. Capitel troncopiramidal e fuste con sección poligonal. Base troncopiramidal con relevos e unha inscrición na que lemos: “Para la ciudad se hizo este crucero y campo siendo corregidor don Bernardo Patricio de Arce y Obregón”. Apoiase en tres chanzos de planta cadrada.
O cruceiro érguese na Praza da Madalena, un espazo privilexiado situado entre a Igrexa de Santa María Nai e a Catedral. Debe o seu nome a unha antiga capela propiedade do conde de Amarante que foi derribada. Debido á súa forma puido ter sido claustro do templo de Santa María Nai. Desde o século XV ao XIX utilizábase como camposanto e posteriormente como mercado de froitas. A esta praza dan fachadas de casas tradicionais que eran morada de artesáns e artistas. Hoxe é un lugar acolledor centrado por este cruceiro barroco do século XVIII ,traído dende o seu primitivo emprazamento, do lugar que popularmente se chamaba en Ourense “Alameda do Cruceiro”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.flickr.com/photos/32421400@N04/5065030899/
http://www.panoramio.com/photo/35100031
http://ourense-virtual.es/monumentos/monumento-cruceiro-de-la-plaza-de-la-magdalena-en-ourense/gmx-niv97-con569.htm
http://www.trivago.es/ourense-31775/otros-sitios-de-interes/plaza-de-la-magdalena-754326/fotos
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=16887&ctre=12318&cidi=G
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3356678853Lonxitude: -7.86328464746
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 13, 2023
Engado as seguintes referencias web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/3205401.html
https://www.canedo.eu/cruceiros/Madalena.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
LOSADA FERNÁNDEZ, J. Angel “Anxo” e CASTILLO GÓMEZ, Hixinio. (1997). Cruces e cruceiros do Concello de Ourense. Ed: Concello de Ourense.
BURGOA, Juan J. (2009). Os cruceiros nos camiños galegos de peregrinación. Actas do 1º Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso D. (1950). As cruces de pedra na Galiza. Editorial Nós.
OTERO PEDRAYO, Ramón e QUESADA PORTO, Jaime. (1966). Orense. Ediciones de la Caja de Ahorros Provincial de Orense.