Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Corcubión
Parroquia: Corcubión (San Marcos)
Lugar: Corcubión - Rúa das Mercedes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Construción de grande interese histórico xa que é un dos edificios de carácter residencial máis antigos de Corcubión, situado preto da igrexa parroquial de San Marcos. De planta irregular desenvolvida ó longo da rúa, disposta en dous niveis, conta con dúas entradas, unha pola fronte directa á vivenda e outra polo lateral sobre a que se sitúa unha pequena terraza.

As diversas actuacións efectuadas fixeron perder forza á composición da fachada, na que se alternan panos recebados e pintados con cantería. A porta principal destaca pola boa labra das molduras de estilo xeométrico, e sobre a que se sitúa un fermoso escudo de armas, ademais de estar flanqueada por unhas pilastras clásicas das que se suprimiron os capiteis, un deles trala colocación dunha galería de madeira no primeiro andar.

Algunhas das xanelas aínda conservan o tornachoivas como elemento singular.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía». Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.94388333431244
Lonxitude: -9.19207513332367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84