Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Muxía
Parroquia: Moraime (San Xulián)
Lugar: Lourido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase cerca da praia de Lourido, no lugar chamado “Os cotrulleiros”, está tapado en parte pola area do complexo dunar que se formou nesta enseada. A coroa forma agora unhas leiras con terra de moita area, que a día de hoxe están inzadas de maleza. Ten aparecido cerámica cando se fixo a estrada que pasa pola parte sur do recinto.
Dende o leste e a certa distancia do castro pódense intuír o que deberon ser muros ou terrazas no outeiro de 80 metros de altura no que se encontra. Tamén é visible o parapeto que hai pola entrada da zona sur.
Segundo a ficha do PXOM do concello de Muxía: presenta unha croa ovoidal de 100 metros de longo no eixo noroeste-sueste. No eixo sueste-noreste alcanza uns 70 metros. Ten dous parapetos: un que delimita a croa e crea un terraplén duns 2-3 m. de alto e outro que bordea a croa polo este, oeste e norte formando unha superficie aterrazada intermedia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 15052005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca001.PDF (pax. 11 do pdf)
http://www.concellomuxia.com/pxom/
pax 5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0840112366
Lonxitude: -9.22317266464
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84