Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Pardeconde - Monte de Cabeza de Meda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
No lado sur-oeste do monte de Cabeza de Meda, en pendente caendo cara o pobo de Pardeconde, atopamos unha zona de gran concentración de petróglifos, todos con tipoloxía de cazoletas dun tamaño semellante.
Entre eles destaca este que chamaremos, A Serra II, pois é inédito e non ter denominación oficial. Nel podemos ver varias cazoletas aliñadas pola veira dun pequeno saínte no penedo. Son dun tamaño medio entre 5 e 6 centímetros, bastante marcadas.
Parece que en épocas antigas estivo a punto de estragarse, pois está a escaso medio metro da rodeira dunha calzada que subía dende Pardeconde a enlazar co camiño que unía o castro Litoria e Astorga, no lugar onde se xuntaban estas vías, en tempos celebrábase unha feira, na que se vendían cerámica.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.35431730747223Lonxitude: -7.646039128303528
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Adrián Luíntra says:
Xan 26, 2020
Visitando este curioso petróglifo, vin que a unhos 20 metros en dirección sur hai outra pedra que presenta media ducia de cazoletas. Unha confirmación máis da abundancia de gravados de cazoletas nesa zona.