Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Marín
Parroquia: Seixo (Nosa Señora do Carmo)
Lugar: A Brea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado no alto do outeiro da Brea, no lugar do mesmo nome. Aínda que moi alterado, é posible albiscar a súa estructura básica, cunha croa achandada, rodeada de taludes, de pranta ovalada, e de modestas dimensións (uns 70 metros no eixo N-S por 40 no eixo E-W).
En tempos recentes, o castro sufríu unha importante alteración. Foi rodeado por absurdos muros de formigón, delimitando a croa polo Oeste, ocultando presumiblemente as defensas por esta banda, ademais de erguer, no centro da croa, unha especie de palco de verbenas tamén de cemento. Posiblemente, na súa conversión en campo de festas (!?) se arrasara e achandara o espazo intramuros. O castro tamén servíu de canteira para fornecerse de cachote para facer valos nas fincas veciñas, e algunhas das súas pedras forman improvisados milladoiros. O lugar tamén foi salferido de randeeiras e outros entretementos infantís, hoxe (e poida que sempre) en desuso.
Con todo, o lugar conserva ben a característica topografía dun castro da idade do ferro.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA36026021
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.37232919476608
Lonxitude: -8.727039098739624
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84