Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Corcubión
Parroquia: Corcubión (San Marcos)
Lugar: Corcubión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O antigo Pazo dos Condes de Traba posúe planta é en forma de “L”, quedando o volume dividido en dous polos propietarios. A configuración dos dous grupos deixa un patio interior que é aproveitado pola terraza do mesón que se atopa no baixo, cuberta por un emparrado.

A entrada á vivenda realízase pola parte que dá a rúa Carrera de Fábregas, tendo acceso directo ó andar superior a través dunha escalinata de pedra con peitoril macizo de cantaría. A fachada lateral quedou alterada parcialmente ó engadírselle un corpo de formigón, no nivel superior.

A fachada deixa á vista a pedra, composta á maneira de pezas irregulares coas xuntas encintadas en cor branca, propio da tradición mariñeira. A cuberta trázase a dúas augas con tella curva como material de cubrición. Como elementos salientables destacan a gran cheminea situada nun lateral, de pedra, con cuberta de tella, e o escudo de armas colocado nesta mesma fachada.

O edificio ocupa a esquina do bloque, cunha entrada pola rúa Carrera de Fábregas e a outra dende a estrada que vai a Fisterra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía». Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.94433688593437
Lonxitude: -9.192501604557037
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84