Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Borneiro (San Xoán)
Lugar: Dombate
Outra denominación do ben: Cruceiro da Balsa
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo coa plataforma enterrada e pedestal cuadrangular rematado con mediacana. O varal é octogonal, empezando e rematando en cadrado. O capitel é cuadrangular moldurado levando unha cruz tamén cuadrangular. No anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. A imaxe está esculpida en baixorrelevo. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, LUIS: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Vol.I. Deputación Provincial da Coruña, A Coruña 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA008.PDF (Pax.5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1901430145
Lonxitude: -8.96716095509
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84