Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Corcubión
Parroquia: Corcubión (San Marcos)
Lugar: Corcubión - Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo coa plataforma enterrada e pedestal octogonal con caveiras nos ángulos. O varal é circular con estrías e a parte do pedestal cuadrangular recadrado. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados rectos con volutas e flores. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Piedade co cristo en brazos sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.944258349096195
Lonxitude: -9.191797524690628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84