Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - Rúa Lamas Carvajal
Outra denominación do ben: Santa Eufemia a Real do Centro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do antigo convento xesuítico. As súas obras inícianse a mediados do s. XVII por fundación privada pero a súa fachada non se constrúe ata un século despois.
Pasou a mitra cando se expulsou os Xesuítas e converteuse en parroquia.
A fachada, arquetipo do barroco galego, foi realizada por frei Plácido Iglesias, nela destaca a suntuosidade, uso da liña, xogos de luz creados polos entrantes e saíntes, adecuación ao ámbito a través dunha forma cóncava, pináculos e frontón partido en cruz.
Actualmente a fachada aínda esta incompleta, pois falta por construír a segunda torre proxectada.
O proxecto para a construción das torres presentase en 1987, e despois de múltiples atrancos, solo se constrúe unha, quedando a segunda para mellor ocasión.
Como a liña das casa botábaselle moi enriba, deseñou una fachada cóncava para que se puidera apreciar mellor.
De feito no século XX tíranse estas casas e amplíase a rúa.
Interior de cruz latina con tres naves lonxitudinais. O Cristo da Esperanza s. XVIII preside o centro do altar barroco.
E a igrexa máis ampla da cidade despois da Catedral.
O Bispo Pascual Carrascosa, ordena traer no século XIX para o altar maior, o retablo do Cristo da Esperanza, realizado en 1735 por José González veciño de Ourense, con acento rococó, especialmente na decoración asimétrica.
O santuario principal do retablo é o Cristo da Esperanza, feito en 1770, por José Ferreiro.
O retablo estaba anteriormente na igrexa dos franciscanos.
Posúe un órgano de transmisión reumática, que custou 16.500 pts no ano 1913.
Grazas a gran acústica do edificio, conséguense combinacións de rexistros moi belos
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA:
JUAN FRANCO, Begoña: “Las torres de Santa Eufemia la Real del Centro”
ENLACES WEB:
http://www.turismodeourense.com/fileadmin/folletos/ruta_monumental_es.pdf
http://www.organourense.es/index.php/organos-de-ourense/4-organo-de-santa-eufemia-del-centro/9-organo-de-santa-eufemia-del-centro
IMAXES NA REDE:
http://www.panoramio.com/photo/35099878
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3366112469Lonxitude: -7.86466598511
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84