Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Tras as incursións árabes e normandas do século X, iníciase unha lenta recuperación da cidade.
En 1084 o bispo Ederonio restaura a catedral, hoxe Igrexa de Santa María Nai. Probablemente sexa a localización da primitiva catedral de Ourense, reconstruída no 1084 como reza nunha inscrición lateral. Aquela igrexa demoleuse en 1722 para levantar a nova igrexa de estilo barroco. Da primeira basílica só quedan unhas columnas e os seus capiteis de mármore, no segundo e terceiro corpo.

Ao exterior tres corpos e tres rúas enmarcadas en pilastras acanaladas e na zona superior motivos heráldicos no frontón e dous torreóns aos lados. Interior con planta de cruz latina con bóveda nervada e retablo churrigueresco en madeira no centro da cal albergase a imaxe barroca de Santa María Nai.

No exterior vemos a lápida fundacional do bispo Ederonio datada en 1122 para a igrexa Santa María Nai (Foto-2, a superior). O transcrición do texto en latín diría o seguinte: “Está aberta para todos a porta deste templo. Os fieis cristiáns derramen aquí os seus corazóns diante de deus e que choren amargamente os seus pecados; e entrando así aflixidos sairán alegres, porque Xesucristo perdoa as culpas a quen as confesa e chora”. Xusto debaixo desta, podemos ver outra lápida na que vemos a data da edificación da actual igrexa “MDCCXXII”.

Información: www.turgalicia.es


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://www.turismodeourense.com/fileadmin/folletos/ruta_monumental_es.pdf

IMAXES NA REDE:
Santa Maria Nai, Orense (Ver en grande L)
Santa María Nai - Ourense
Igrexa de Santa María Nai
SANTA MARIA NAI
http://www.panoramio.com/photo/35100077
http://www.panoramio.com/photo/48924438


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.335532653607856
Lonxitude: -7.863249778747559
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84