Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ourense
Parroquia: Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)
Lugar: Santa Mariña do Monte - Zona da Lagoa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Trátase de un conxunto de 15 cazoletas con canles entre elas gravadas sobre un afloramento granítico. O tamaño destas oscila entre os 6 e os 8 centímetros de diámetro.

A estación atópase totalmente esquecida entre a maleza, cuberta de piornos e carballos novos. Está nunha zona que adoita estar chea de lixo e escombros e na que se fixo un circuíto de motocrós.

O Petróglifo Pedra da Lagoa está preto da confluencia da cidade de Ourense coa parroquia de Santa Mariña do Monte, na zona coñecida como A Lagoa, ao carón de unha pista de aeromodelismo situada tras do tanatorio de Santa Mariña e moi preto do punto verde.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atopase en perigo por estar esquecido e preto de zona de actividade, motocrós etc


Onde está localizado

Latitude: 42.3128664493560
Lonxitude: -7.81018495559692
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84