Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Nantón (San Pedro)
Lugar: A Piolla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Situado nunha laxe irregular dun metro setenta de longo por setenta centímetros a un metro de ancho. Está formado por dúas cazoletas e multitude coviñas. Na parte surleste é onde se atopan a maioría e, a de maior tamaño que semella dominar case dende o centro, gran parte desta laxe na que aparece o gravado. Cinguindo a grande cazoleta ou vaso central que mide entre 22 e 26 centímetros, rodean o círculo oito pequenas coviñas de entre 5 e 6 centímetros. Dúas das coviñas da parte leste teñen unha pequena canle que desemboca no vaso central. Pola parte noroeste semella haber tres coviñas máis moi pouco remarcadas que van de leste a oeste e outra máis na parte sur, como xa dixemos, estas moi pouco remarcadas. As partes ben remarcadas forman unha simetría no gravado case perfectas, por non dicir que é perfecto.
Unha ringleira de dúas pequenas covas de 5 ou 6 centímetros e outra cova máis grande que ben poderíamos dicir que se trata dun pequeno vaso ou cazoleta duns oito centímetros aparece na marxe noroeste da laxe formando unha liña que vai de norte a sur.

Na opinión de quen escribe, este petróglifo semella ser un pequeno altar onde se puido facer algún tipo de rito pagán ou de ofrenda a calquera deidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15014043
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA016.pdf (p. 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.15556700481201
Lonxitude: -8.861557245254516
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84