Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Tui
Parroquia: Rebordáns e Pazos de Rei
Lugar: Monte Aloia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O Monte Aloia é un cumio que está situado na Serra do Galiñeiro e que foi declarado parque natural no ano 1978. Ten unha extensión de 750 héctareas aproximadamente. Está cuberto de vexetación autóctona xunto con outras de repoboación forestal, piñeiros e eucaliptos.Por enriba dos 600 metros aparece unha superficie amesetada, con pendentes suaves e afloramentos rochosos que forman penedos que sobresaen do solo e teñen formas moi variadas. No que se refire á historia do monte Aloia, atopáronse restos dun poboado castrexo anterior á romanización, o Castro do Alto dos Cubos, e unha muralla ciclópea de 1250 metros de lonxitude que cingue a meseta. Hai quen quere ver no nome “Aloia” un recordo da presenza da lexión romana V ou Alaudae (coñecida como A Gallica) e outros autores atribuen e fan constancia de que o monte foi un lugar de refuxio de varias xeracións da poboación de Tui. Outros monumentos que podemos ver no alto do monte é a capela de Xan Xiao, reconstruída a comezos do século XVIII sobre un edificio románico. O monte conta con equipamento turístico e carteis explicativos para seguir varias rutas polo monte e visitar os seu lugares máis interesantes.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalEquipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

WEBS
Parque Natural
http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/espazos_protexidos/rede_galega/zepvn/monte_aloia/
Castro do Alto dos Cubos
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/tui/castrodecubos.html
Murallas
http://xurl.es/gspod
Outras
http://www.turgalicia.es/rutabaixomino/MonteAloia_G.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.083603176846424
Lonxitude: -8.680057525634766
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84