Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterrei
Parroquia: Estevesiños (San Mamede)
Lugar: Mixós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A primeira mención documental desta igrexa data xa dos tempos do rei Afonso VII, que en 1155 dooulle este templo ó Mosteiro de Celanova. Santa María de Mixós, situada en Monterrei, data do século X e consta dunha planta de tres naves rematadas noutras tantas capelas con pechamento
de ferradura na cabeceira.
Trátase da segunda e última igrexa galega do século X.
Nun principio no monumento prerrománico existe un mosteiro de monxas beneditinas. Os expertos sitúan esta igrexa a carón dunha antiga vía, por esta razón o asentamento dunha comunidade cristiá neste lugar remontaríase ós tempos da dominación romana, con continuidade nos séculos seguintes, tal e como indica Ramón Yzqueiro Perrín nun volume sobre arte medieval galega.
A forma de ferradura deste templo tense vencellado con reminiscencias mozárabes e visigodas.
A súa traza orixinal respondía a un esquema basilical de tres naves separadas mediante arquerías de ferradura e cabeceira triple de ábsides semicirculares moi profundos que, ó exterior, son rectos, cunha ventá cada un. Na súa fábrica obsérvanse diferenzas entre os perpiaños de menor tamaño e asentados nun podio e os máis voluminosos do resto do templo; nos muros laterais obsérvanse modillóns que quizais fosen os soportes da tribuna que asentaría sobre unha pequena cámara.
No interior, doas aras e pinturas do século XIII e XIV.
A igrexa foi reconstruída nos séculos XV e XVI.
Cada unha das ábsidas da igrexa conta cunha bóveda de ladrillo que lle fai de cuberta e que se converte
tamén en punto de partida dunha decoración en dentes de serra dispostos diagonalmente.
Estes responden a un carácter funcional, servindo de apoio, pero tamén posúen valor estético como ornato.
Esta decoración aparece tamén noutras edificacións como sucede nos beirados dos presbiterios de San Miguel de Celanova e de Santo Antoíño de Toques.
Igrexa levantada no século X nunha zona moi romanizada, polo que se sospeita que a comunidade cristián
estivera asentada neste lugar moito antes.
Aparece mencionada nun documento do século XII no que é doada ó mosteiro de Celanova, que gozaría dela ata que, no século XVI, foi vendida ó conde de Monterrei.

Foi declarada monumento histórico-artístico en 1931.

Lápida sepulcral no muro situado no exterior da igrexa.
Según contan os vecinos, tratabase de un monxe que vivía fai moitos anos na casa cerca da igrexa.

Información: www.mispueblos.es

Fotos: Beatriz Montero


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fotos:
Iglesia de Santa María de Mixós
Iglesia de Santa María de Mixós
Iglesia de Santa María de Mixós
Iglesia de Santa María de Mixós
Iglesia de Santa María de Mixós
Iglesia de Santa María de Mixós
http://www.panoramio.com/photo/32067940
http://www.panoramio.com/photo/32067949

Enlaces web:
http://www.monterrei.es/?q=turismo
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ordRs=17&ctre=121&crec=5290&idversion=1-49F9FC&refnumber2=01020204&cidi=G
http://www.mispueblos.es/galicia/orense/monterrey/lugares/
http://www.turismo-prerromanico.es/arterural/MIXOS/MIXOSFicha.htm
http://www.turismo-prerromanico.es/arterural/MIXOS/MIXOSP10.htm

Xaquín Lorenzo Fernández- Boletín auriense, ISSN 0210-8445, Tomo 2, 1972, págs. 75-110


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.96237812478359
Lonxitude: -7.454502582550049
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84