Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vigo
Parroquia: Candeán
Lugar: A Madroa
Outra denominación do ben: Dolmen de Candeán, Mámoa 2 de subida á Madroa
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Dolmen de corredor de gran monumentalidade que forma parte da grande necrópole de Madroa-Vixiador-Monte Penide. De planta poligonal coa entrada orientada cara o nacente, está composto por cinco ortostatos e conserva a lousa de cobertura apoiada no exterior de dous deles. As dimensións da cámara son de 3 x 2 metros con unha altura de case dous metros. Conserva parte do túmulo, moi erosianado, cunhas dimensións de 22,5 m no eixo N/S e 20 m no eixo L/O.

Sinalizado. Mercado o terreo polo Concello de Vigo na década de 1980 non ten sido obxecto de escavación científica. Foi declarado BIC no ano 2011.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36057019
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ficha no PXOM: http://hoxe.vigo.org/urbanismo/pxom/Memorias/Tomo-VI/Fichas/Catalogo/X_019.pdf

Declaración como BIC: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110408/AnuncioEA06_gl.pdf

Artigo de Xosé Couñago: http://xosecounhago.com/?p=345

http://megalitos.arqueoloxico.com/fichaspo/36057014.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.244451
Lonxitude: -8.673815
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84