Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Pazo / Casa Grande,
Concello: Santiso
Parroquia: Visantoña (San Xoán)
Lugar: Vilar de Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena capela privada integrada no recinto do Pazo de Vilar de Ferreiros. Consta dunha única nave con fachada de pequeno perpiaño irregular e o resto de muros de encalado con contrafortes de sillar rectangular. Ten un pequeno campanil adosado na parte superior da entrada de construción posterior.
O interior é bastante sobrio, composto de muros de encalado branco, e a nave está partida por un arco triunfal de medio punto. A ábside conta cun retablo de caraterísticas neoclásicas salientando as imaxes de Santiago Romeiro, San Xosé e unha Virxe penitente de manto negro.
Actualmente emprégase para oficiar casamentos laicos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.86482994570475Lonxitude: -8.099981546401978
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84