Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Corcubión
Parroquia: San Marcos de Corcubión
Lugar: Corcubión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Quizais sexa o cruceiro máis antigo e o que debería ser o máis importante da vila de Corcubión e que se atopa nun estado total de abandono. Este fermoso cruceiro é de tipo De Crucifixo con plataforma cadrangular de catro chanzos, faltándolle unha das lousas na parte dereita e ademais estando a base desnivelada e desencaixada. O pedestal é cuadrangular achafranado, tendo unhas inscricións no chafrán. O varal é circular con estrías empezando en cadrado no que ten unhas inscricións coa data deste cruceiro “ANO DE 1700”. Ten un capitel xónico composto por un ábaco cadrado de lados rectos, volutas e astrágalo circular. A súa cruz é cadrangular cos brazos en chafrán e con remates florenzados e botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun moi mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.949484757139686
Lonxitude: -9.19229507446289
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84