Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ourense
Parroquia: Seixalbo (San Breixo)
Lugar: Outeiro Seixalbo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Sitúase nun outeiro preto do núcleo do pobo de Seixalbo, dátase no século XIX.
Planta rectangular, muros de cachotería concertada, cuberta a catro augas de tella.
Fachada principal aberta, con entramados de tablos de madeira verticais, apoiados sobre un pequeno murete de sillares de granito.
Porche cuberto, apoiado en tres columnas de granito diferentes: cuadrangular, cilíndrica con base e capitel, e octogonal con capitel. Cornixa de granito.
No “Canto VIII” do Divino Sainete, Curros fala dunha ermida do lugar de Seixalbo.
Sitúase esta na entrada ao pobo, pertencente á parroquia do mesmo nome do concello de Ourense. Ademais, no núcleo hai unha igrexa con restos románicos que foi reconstruída
en 1901 por Vázquez Gulías. Xunto a isto, son salientables as vivendas de tipoloxía tradicional que se conservan, así como o cruceiro da Praza Maior.
Por este conxunto histórico atravesa a Vía da Prata camiño de Compostela.
Un canto popular di que “O pobo de Seixalbo ao lonxe parece vila, á entrada ten igrexa e á saída unha ermida”.
Esta última poida que sexa a que nomea Curros Enríquez no “Canto VIII” do Divino Sainete.
Trataríase da capela da Santa Ádega, destacada polo pórtico da entrada e polo contorno no que se sitúa, sobre un outeiro.
Está adicada a Santa Águeda, a que chamaban “Buena”, a bondadosa, a benevolente que e o que significa o seo nome en grego: Ágata, de agatós: o ben, o bo, o excelente.
Esta Santa que sufriu os tormentos que nos narra a tradición, fundamentalmente coñécese sobremaneira, a mutilación dos seus peitos por orden do inicuo gobernador Quintianus, no contexto da gran persecución que sufriron os cristiáns baixo o emperador Decio, alá por o ano 250 da nosa eira.
A romaría celébrase tódolos primeiros domingos de febreiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/photo/64740610

http://franpete.blogspot.com.es/2009_02_01_archive.html

http://seixalbogz.blogspot.com.es/2010/06/seixalbonucleorural-envidiar.html

http://www.culturagalega.org/roteiros/detalleextra.php?id=6&cod_rtro=5&cod_obx=106

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/0455CA026.pdf (Pax.12)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30257906075873
Lonxitude: -7.854173183441162
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84