Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Seixalbo (San Breixo)
Lugar: Capela Santa Águeda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situado no lado sur da Capela de Santa Águeda.
Cruceiro plateresco de granito, apoiado nunha rocha, polo que carece de plataforma.
Pedestal cúbico, cunha banda horizontal rebaixada e rematado en cúpula con catro arestas e base cuadrangular.
Varal cilíndrico acanalado, con base cadrada, tres coroas de espiñas. Figura de neno espido, Neno da bóla, salvador do mundo.
Capitel troncopiramidal invertido, gravado con caras de anxelotes e volutas.
Cruz latina cuadrangular, con INRI, Cristo crucificado con tres cravos, sobre caveira no anverso e Virxe da Piedade co Cristo nos brazos, sobre cabeza de anxo.
A cruz leva os símbolos dos evanxelistas en catro medallons nos extremos da cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/0455CA026.pdf (Pax.13)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30260286592143
Lonxitude: -7.854055166244507
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84